Dende a construcción do Palacio de Exposicións e Congresos, as infraestructuras de comunicación e os servicios hoteleiros aumentaron na cantidade e calidade necesaria para afronta-la gran demanda deste turismo, que proporciona grandes beneficios económicos á provincia.
Aínda que non a única, o Palacio de Exposicións e Congresos é a principal sede para este tipo de acontecementos. Trátase dun edificio de deseño moderno e funcional, situado en pleno centro de Granada e que ofrece os máis avanzados servicios tecnolóxicos: vídeoconferencia vía satélite, central dixital telefónica con varios protocolos de comunicacións, máis de tres mil conexións de voz e datos, circuíto pechado de televisión e sistema de traducción simultánea, entre outros moitos.
Nos seus sete niveis, o Palacio dispón de nove salas cunha capacidade global de 3.560 persoas. A meirandes son a sala García Lorca, na que collen 2.000 congresistas, e a Manuel de Falla, que pode acoller ata 560 persoas. O resto, de menor capacidade, ofrecen un variado abano de posibilidades capaz de se adaptar ás necesidades dos organizadores de calquera acontecemento. Os dous niveis do ‘hall’ do edificio, suman unha superficie de 3.000 metros cadrados, ideais para a instalación de exposicións e feiras. E O Anfiteatro Carlos I, situado na terraza, ao aire libre, é idóneo para a organización de concertos nocturnos, actividades culturais e ceas de gala, xa que ten unha capacidade para 1.700 persoas.
O palacio, tamén espacio escénico
Granada, membro da Federación Europea de Cidades de Congresos, realizou nos últimos anos un esforzo notable por amplia-la oferta de instalacións para este segmento. Ademais do Palacio, na cidade e na provincia existen gran cantidade de hoteis e centros con capacidade para acoller convencións, xornadas e simposios. Entre estas instalacións destacan o recinto feiral de Fermasa, en Armilla, e o Auditorio Manuel de Falla. Así mesmo, existen numerosas empresas dedicadas á organización de congresos, que prestan servicios de secretaría, protocolo, auxiliares de congresos, traducción e prensa.
A Sala García Lorca, a meirande do Palacio de Exposicións e Congresos de Granada cunha capacidade para 2.000 persoas, é idónea para acoller actividades culturais como concertos, representacións teatrais e ópera. A sala posúe unhas magníficas condicións acústicas e un gran escenario polo que pasan anualmente espectáculos nacionais e internacionais.