Granada expresa na súa artesanía o que hoxe perdura da asimilación dos oficios legados polas diferentes culturas que se asentaron nesta provincia: fenicios, iberos, romanos e, especialmente, musulmáns. Nas comarcas da provincia aínda hai un bo número de talleres que manteñen viva a tradición de antigos oficios:
Labor
de ebanistería luxosa e detallista que consiste en decorar mobles, caixas
ou calquera obxecto con debuxos xeométricos formados con centenares de
minúsculos anacos de oso, prata, e madeiras nobres.
Ten
a súa orixe na época nazarí e as pezas son vidradas e decoradas con
motivos vexetais e animais en tons verdes e azuis sobre fondo branco.
Ademais deste tipo de cerámica, perdura a elaboración de azulexos con
formas xeométricas inspirados nos que recobren as salas da Alhambra, e a
fabricación de vasos e ánforas, tamén con reminiscencias nazarís.
En
Granada e Madrid enclávanse as dúas principais escolas de España de
fabricantes de instrumentos musicais. Na provincia hai máis de 25
constructores de guitarras, tanto para concerto clásico coma de flamenco.
O
farol granadino, de evidente raíz árabe, elabórase con lata e cristais de
diferentes cores.
Outras labores que aínda perduran na provincia son a olería en Guadix, a forxa e caldeirería en Granada, os bordados e mantillas, as mantas e alfombras del la de moitas cores coñecidas como “jarapas alpujarreñas”, e os arreos.