O Legado Andalusí

O Legado Andalusí

O Legado Andalusí é un proxecto encamiñado a promover o coñecemento, a visita, a conservación e o desenvolvemento dos máis fermosos recunchos de Andalucía baixo o argumento inestimable de segui-las pegadas dun dos períodos máis brillantes da súa historia: os tempos de Al-Ándalus, o estado hispano-musulmán que tendeu unha ponte entre continentes e culturas.

A Ruta do Califato, que une as cidades de Córdoba e Granada atravesando terras de Xaén, foi a primeira en ser sinalizada e comercializada das sete que conforman o proxecto. Esta ruta non é só unha lección de historia; é ademais un deleite estético, un pracer para os sentidos, que atoparán ecos de antigos costumes e festas polos pobos que transita.

As seguintes en poñerse en marcha foron a Ruta de Washington Irving, entre as capitais de Sevilla e Granada, a Ruta dos Nazaríes, que conecta Xaén e Granada, e a Ruta dos Almohades e Almorávides, de Cádiz a Granada.

www.legadoandalusi.es



Login

Registro | Contraseña perdida?