Monumentos

Monumentos

A pesares da súa continua expansión, Granada aínda conserva unhas dimensións propicias para desprazarse por ela a pé.

De feito, ademais de visita-los monumentos, o visitante non debería deixar de pasear polos barrios históricos da cidade: o Albaicín, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, dende o que se contemplan unhas inigualables vistas da Alhambra e toda a Veiga; o Sacromonte, coas súas famosas covas e zambras flamencas; o Realejo, antigo barrio xudeu. E zonas de gran ambiente como a Calderería, revitalizada gracias ás teterías que ofrecen unha gran variedade de infusións e a Alcaicería, antigo zoco árabe.

Alhambra e Xeneralife:
Mandada construír entre os séculos XIII e XV polos reis da dinastía Nazarí como fortaleza e palacio real, é un dos principais conxuntos monumentais de Europa. Está composto pola Alcazaba, cidade militar amurallada; os Palacios, residencia real; e o palacio e os xardíns do Xeneralife, residencia real de verán. A auga, ben escasa no norte de África, de onde era orixinaria a dinastía nazarí, está presente nas principais estancias do monumento: o famoso Patio dos Leóns, o non menos coñecido Patio dos Arrayanes, a Sala de dúas irmás, a dos Abencerrajes, os propios Baños reais… De construcción posterior, mais xa integrado no conxunto monumental, é o Palacio de Carlos V, iniciado en 1527 polo arquitecto Pedro Machuca no estilo renacentista máis puro.
<a href=”http://www.alhambratickets.com” target=”_blank”>www.alhambratickets.com</a>
<a title=”Patronato de la Alhambra y el Generalife” href=”http://www.alhambra-patronato.es” target=”_blank”>www.alhambra-patronato.es</a>

Catedral

Aínda que se considerara unha das obras cume do Rexurdimento español, a Catedral de Granada, construcción que levou 181 anos, tamén conxuga na súa estructura elementos doutras ordes arquitectónicas. Diego de Siloé trazou en 1529 as liñas renacentistas de todo o edificio sobre os cimentos góticos, con carola e cinco naves en lugar das tres habituais, xa consolidadas por Enrique Egas. Alonso Cano reformou en 1667 o proxecto inicial da fachada principal e introduciu elementos barrocos. A Catedral foi construída sobre a gran mesquita da cidade árabe e a súa magnificencia sería aínda maior de térense erixido as dúas grandes torres de 81 metros de altura previstas nos planos. Problemas de cimentación e económicos obrigaron a deixar sen construír a da dereita e a da esquerda quedou sen rematar, elevándose só 57 metros.

Capela Real:

Foi mandada construír en 1504 polos Reis Católicos para descanso de seus restos mortais. O edificio mostra, nas cristas dos seus muros exteriores, escintileos do gótico tardío e no interior as primicias do rexurdimento español. Detrás da espléndida rexa plateresca realizada por Bartolomé de Jaén, no centro do cruceiro, atópanse os sepulcros. Á dereita, o dos Reis Católicos e, á esquerda, o de Xoana a Tola e Felipe o Fermoso, ámbolos dous tallados en mármore de Carrara. Baixo deles atópase a cripta, cos féretros de chumbo dos catro monarcas e o príncipe Miguel.

Cartuxa:

Comezado a principios do século XVI, o máis destacable deste mosteiro é a beleza da súa igrexa, unha desconcertante construcción barroca que ao primeiro golpe de vista parece excesivamente ornamentada, onde destacan os lenzos de Sánchez Cotán. De arquitectura aínda máis recargada é a Capela do Sagrario, que ten un rebuscamento que contrasta coa austera vida da orde da Cartuxa. Aínda que a estancia máis famosa do templo é a sancristía, pola luminosidade da estancia e o dispendio de fantasía dos seus adornos.

Outros monumentos

Da época árabe destacan o Bañuelo, o Palacio de Dar-al-Horra, o Curral del Carbón, a Alcaicería, o Cuarto Real de Santo Domingo, a Madraza, as murallas e as súas portas e o Alcázar do Genil. Despois da conquista de Granada polos Reis Católicos construíronse o Hospital Real, a Real Chancillería, o Mosteiro de San Jerónimo, a Abadía del Sacromonte, as igrexas de Santo Domingo, San Xoán de Deus e a Basílica da Virxe das Angustias, por citar só algúns dos monumentos da capital.

Museos

Arqueolóxico e Etnográfico, Catedralicio, Museo dos Reis Católicos, Museo do Sacromonte, Belas Artes, Casa-Museo Manuel de Falla, Casa-Museo García Lorca, Centro José Guerrero, Fundación Rodríguez Acosta e Museo de San Xoán de Deus.

Parque das Ciencias:

É o museo máis visitado de Andalucía. O lema deste museo interactivo das ciencias é ‘Prohibido non tocar’. A participación do visitante é esencial. Esta é por un lado manual, manipulando aparatos, accionando interruptores, introducindo instruccións nun ordenador…, e á vez reflexiva, intentando facilita-la comprensión do que ocorre e por qué ocorre dese xeito.

 

www.parqueciencias.com



Login

Registro | Contraseña perdida?