Guadix-Baza, o berce do home europeo

Guadix-Baza, o berce do home europeo

As industrias de litio achadas nos depósitos paleontolóxicos da cunca de Guadix-Baza permitiron á comunidade científica constatar que nesta zona da provincia de Granada viviron homínidos fai un millón de anos, o que os converte nuns dos poboadores máis antigos de Europa.

Esta investigación, desenvolvida por seis científicos españois e un francés, foi apoiada internacionalmente en setembro do 2000 pola revista ‘Proceedings’, editada pola prestixiosa Academia Nacional das Ciencias de Estados Unidos.

Os restos de ferramentas achados en Guadix-Baza foron manufacturados por poboadores que viviron hai arredor dun millón de anos, uns 200.000 anos antes que os habitantes de Atapuerca, en Burgos (España). Aínda que nesta zona do nordeste de Granada non se atoparon aínda fósiles humanos, os científicos seguen traballando para achalos, xa que a existencia das industrias de litio avalan a súa presencia.



Login

Registro | Contraseña perdida?