Federico García Lorca

Federico García Lorca

Poeta e dramaturgo granadino (1898-1936), adscríbeselle á chamada Xeración do 27; é considerado un dos mellores escritores en español do século XX.

O seu asasinato durante os primeiros días da Guerra Civil española contribuíu a que a súa obra se coñecera internacionalmente. Naceu en Fuente Vaqueros e entre 1919 e 1928 viviu na Residencia de Estudiantes de Madrid, onde comezou a súa amizade co pintor Dalí, o cineasta Luis Buñuel e o tamén poeta Rafael Alberti. Foi director da compañía de teatro universitario La Barraca, conferenciante, e recoñecido compositor de cancións. Entre as súas obras teatrais destacan ‘Yerma’, ‘La casa de Bernarda Alba’ e ‘Bodas de sangre’. Como poeta pasou á historia con ‘El romancero gitano’, ‘Poeta en Nueva York’ e ‘Llanto por Ignacio Sánchez Megías’.

Espallados pola provincia existen numerosos lugares de interese relacionados co escritor, coma os museos e centros dedicados á súa vida e obra:

Museo-Casa Natal de Fuente Vaqueros
Conserva os mobles orixinais da familia do poeta, entre eles o seu berce. Referente obrigado para os que desexen coñecer, non só a paisaxe que marcou a mocidade do creador, senón os seus manuscritos, a correspondencia con amigos como Dalí e Buñuel, debuxos seus e dos seus contemporáneos, vestiario orixinal dos súas estreas teatrais.
Horta de San Vicente:
Residencia estival da familia García Lorca, antigamente situada na fértil veiga de Granada e hoxe integrada no maior parque da cidade, que leva o nome do poeta. Alí escribiu algunhas das súas mellores obras: ‘El diván de Tamarit’, ‘Poema del cante jondo’ e ‘Bodas de sangre’, entre outras. Convertida en casa-museo, contén os mobles, cadros e obxectos orixinais da vivenda. Entre eles o piano da casa familiar e o escritorio de Federico.
Centro Federico García Lorca:
Para 2007 está prevista a inauguración en Granada dun gran centro dedicado ao poeta e dramaturgo. A nova institución incorporará á Fundación García Lorca, terá un centro de estudios de Lorca e recuperará para o seu arquivo os fondos sobre o poeta que agora atesoura a Residencia de Estudiantes de Madrid. Posiblemente aglutinará tamén a obra orixinal do autor existente nos museos Horta de San Vicente e na Casa Natal de Fuente Vaqueros. O centro se situará nun edificio de case 4.000 metros cadrados na céntrica Praza da Romanilla.



Login

Registro | Contraseña perdida?