Turismo monumental e cultural

Turismo monumental e cultural

A dilatada historia das súas cidades e pobos, a variedade de estilos artísticos dos seus monumentos, a calidade das actividades musicais e teatrais, e as ricas tradicións que manteñen os seus habitantes fan da cultura unha das marcas de identidade da provincia de Granada e o seu maior atractivo turístico.

A Alhambra e O Xeneralife son, sen dúbida, o principal reclamo da capital e da provincia, que atrae cada ano a máis de dous millóns de visitantes. Mais Granada é moito máis que a Alhambra. A propia cidade e o resto dos 168 municipios que conforman a provincia contan cunha oferta cultural e monumental variada e completa.

Poucas cidades como Granada existen no mundo cunha historia tan densa, tan plural e tan ben reflectida nas súas rúas e monumentos. Granada non é un lugar que se poida ver e gozar nun só día. O recinto monumental da Alhambra e do Xeneralife esixe, por si só, moitas horas de visita para contemplar a súa abraiante beleza. E o visitante non pode marchar de Granada sen pasear polas rúas perfumadas de xasmín do barrio árabe do Albaicín, ve-lo mausoleo dos Reis Católicos na Capela Real, a Catedral e o Parque das Ciencias, o museo máis visitado de Andalucía.



Login

Registro | Contraseña perdida?