Turismo de neve

Turismo de neve

Sorprende a moitos visitantes que en Granada, en Andalucía, terra famosa polas súas praias e a abundancia de sol, se poida esquiar.

Non só se pode, senón que Serra Nevada é na actualidade a mellor estación invernal de España. O millón de persoas que a visitan cada ano acreditan esta calidade, que se viu gratificada en 1996 coa organización do Campionato do Mundo de Esquí.

O pico Mulhacén, o máis alto da Península Ibérica, elévase ata os 3.478 metros, unha altitude que garante a abundancia de neve de calidade a pesares de que a estación de esquí de Serra Nevada sexa a máis meridional de Europa. Esta privilexiada situación xeográfica garante ademais un gran número de días de sol en pleno inverno.

A concesión do Campionato do Mundo de Esquí en 1996 supuxo un enorme recoñecemento internacional á estación granadina. As inversións públicas e privadas que entón se acometeron permiten ofrecerlle hoxe a Serra Nevada as instalacións e servicios máis modernos. A estación dispón de 79 pistas con diferentes graos de dificultade e unha lonxitude total de 84quilómetros, nos que se pode practicar tanto o esquí como o snowboard. Un dos principais atractivos de Serra Nevada é a posibilidade de esquiar de noite nunha pista iluminada e especialmente acondicionada. Conta, ademais, con dous circuítos de 8,6 quilómetros para esquí de fondo, disciplina que tamén se pode practicar na segunda estación invernal da provincia, a de La Ragua.

O acceso rápido e cómodo ás pistas de Serra Nevada dende a área residencial e comercial de Pradollano está garantido por 24 modernos remontes: dous teleféricos, 17 telecadeiras, dous telesquís, dúas alfombras e unha telecorda, que permiten transportar ata 47.000 esquiadores cada hora. Arredor de 400 canóns para a producción de neve garanten o perfecto estado das pistas.

Mais Serra Nevada tamén existe en verano. Na época estival, con días despexados e condicións térmicas óptimas, ofrece unhas condicións inmellorables como punto de engalaxe de parapentes, ata o punto de que é sede habitual de probas do Campionato do Mundo desta especialidade deportiva. O lugar ideal para a aterraxe son, sen dúbida, as idílicas praias da próxima Costa Tropical. Se voou pola mañá, o afeccionado aos deportes “de aventura” poderá practicar o submarinismo pola tarde nos espectaculares fondos de Cerro Gordo. Ou se cadra, atreverse co windsurf; o golf; ou, quizais, só nadar e toma-lo sol.

Igual que Serra Nevada, tódalas comarcas da provincia atesouran fermosos paraxes ideais para seren percorridos a pé, en bicicleta de montaña ou a cabalo. Nos ríos pódese practica-lo descenso de barrancos e tamén actividades máis relaxadas, como a pesca deportiva da troita, en Riofrío. A Cova da Auga, en Iznalloz, é idónea para se iniciar na espeleoloxía.

Na páxina de Serra Nevada en Internet /a>poderá atopar datos e información actualizada sobre as pistas, calidade da neve, novos remontes, venta de forfaits, oferta hoteleira e outros moitos servicios. Na web tamén existe unha ligazón ao gabinete de prensa de Cetursa, a empresa pública que xestiona a estación invernal.

www.sierranevadaski.com

Ademais de excelentes condicións para a práctica do esquí de fondo, a segunda estación invernal da provincia, o Porto de La Ragua, no linde entre as provincias de Granada e Almería, ofrece a posibilidade de gozar da experiencia única de se desprazar a toda velocidade por paraxes nevados nunha zorra tirada por cans de razas samoiedo e husky. Guías experimentados conducen as xorras, pertencentes a empresas de turismo rural que tamén organizan actividades como tiro con arco e supervivencia.



Login

Registro | Contraseña perdida?